No aspecto económico, o noiés asegura que en pouco tempo «o país converterase na quinta potencia mundial. Na costa de Río de Janeiro acaban da atopar unhas bolsas de petróleo pre-sal, argumenta, que teñen intención de explotar ao máximo».
Ao remate, o historiador xa estaba pensando na súa próxima viaxe. «A miña paixón é coñecer o descoñecido para min, para achegarlle as miñas vivencias á xente», conclúe coa mente posta no seguinte destino: Colombia.