—Hai outras historias en camiño?
—Si, este verán coa idea de documentarme para outra novela estiven no Escorial, no museo do Tratado de Tordesillas e por toda esa zona. Agora mesmo tamén estou indo por Ribadavia co mesmo obxectivo.
—É unha boa forma de traballar.
—E de viaxar tamén, porque coñeces sitios que doutra forma non verías. O mellor exemplo é A Misarela. Canta xente vai ás pozas do río Pedras a gozar do verán e cantos saben que están aí mesmo as ruínas dun patrimonio histórico de importancia mundial? Para coñecer o motivo hai que ler a novela.