Unha trintena de obras concorren ao cuarto Premio Carlos Mosteiro

BARBANZA

CEDIDA

O xurado dará a coñecer o fallo o vindeiro día 30

05 nov 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Finalizado o prazo de presentación de recepción de traballos, foron 29 as obras que se recibiron para a súa participación no cuarto Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. Está previsto que o fallo do concurso, promovido polo Concello da Pobra, a asociación Barbantia e a editorial Galaxia, se dea a coñecer o vindeiro día 30.

O xurado que se encargará de valorar as obras está formado por Francisco Castro, director de Galaxia; Loretta Birott Bermejo, escritora; e Marta Neira Rodríguez, filóloga e ensaísta. O autor que consiga facerse co galardón obterá unha recompensa económica de 3.000 euros e a obra verá a luz na colección Árbore de Galaxia.

Este certame foi concibido como un medio para promover aos novos autores en lingua galega do eido da literatura infantil, así como para renderlle homenaxe a Carlos Mosteiro. Nas súas dúas primeiras edicións, os galardóns recaeron en Patricia Mallo e Xosé Antonio Neira Cruz. Na terceira quedou sen adxudicar por decisión do xurado.