A lectora: Sandra Fandiño

La Voz

BARBANZA

30 oct 2021 . Actualizado a las 12:31 h.

1. O seu mellor momento para a lectura. Pola noite. É a mellor maneira de relaxarse antes de ir durmir.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. A temática do libro en si, e recomendacións de blogs de lectura ou amigos.

 

3. Que che achega a lectura? Achégame ás personaxes e ás ubicacións.

4. Os seus libros favoritos. Orgullo e prexuízo, Cumes borrascosos e Rayuela.

5. Un xénero literario. A novela e o teatro.

6. Un personaxe e un espazo literario. Robert Langdon e os páramos de Yorkshire.

7. Qué está a ler agora? El Umbral de la Eternidad, de Ken Follett.

8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Domingo Villar e Charlotte Perkins Gilman.

 

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan seu lecer? Viaxar, estar en contacto coa natureza.

10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. O Castro de Baroña, escenario ideal para unha novela histórica.