Partindo deses dous traballos, o artista pobrense elaborou 53 ilustracións. Aínda que só unha ducia foron incorporadas ao libro, asinadas e numeradas polo autor, todas conforman unha exposición que a partir do venres se poñerá a disposición do público no museo de Artes.
De Ribeira a Vigo
Ao tempo que prepara esta nova exposición, o museo ribeirense vén de trasladar algúns dos seus fondos á Casa das Artes de Vigo. Alí o xoves, ás 18.30, abrirase a mostra Un humanismo moderno, integrada por obras de Colmeiro, Seoane, Picasso e Vertès.