O BNG inicia unha campaña de recollida de firmas para esixir a mellora do transporte en Ribeira

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

MARCOS CREO

Os nacionalistas esixen ao Concello que busque solucións

05 oct 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O malestar da cidadanía polos problemas que rexistra o servizo de transporte público en Ribeira levou ao BNG a iniciar unha campaña de recollida de sinaturas para esixir que se busquen solucións ante a falta de medidas por parte da Xunta e do propio Concello.

Son múltiples as eivas no transporte de viaxeiros por estrada denunciadas polos nacionalistas. Por un lado, as liñas de autobuses compartidos, na práctica, non están a funcionar posto que en determinadas rutas os autocares van cheos de escolares e non hai prazas dispoñibles para os demais usuarios. Ademais, estudantes de Corrubedo, Artes ou Olveira vense obrigados de forma habitual a agardar polo bus que vén da Pobra porque o dedicado ao transporte escolar vai ateigado.

Atrasos con respecto ao horario previsto, falta de información e incluso vehículos que non chegan a pasar polas paradas son outras das queixas trasladadas ao BNG, que as levará aos concellos e ao Parlamento mediante distintas iniciativas.