ÚLTIMAS HORAS - BLACK DAYS -
Suscríbete 1 año con el 50% de descuento
Quiero la oferta

Espazos felices

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

13 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Aarquitectura debe ser a arte de organizar o espazo para mellorar a vida das persoas. Non sempre o consegue, tal vez porque traballamos con estereotipos prefixados e os propios clientes teñen ideas fixas baseadas na súa experiencia, que cambia segundo a contorna na que se moven. O concepto de vivenda téñeno impreso na mente, de xeito ríxido, e moitas veces sen ter en conta as singularidades sociolóxicas, paisaxísticas, de orientación, e moitos outros factores que poden facer que sen necesitalo todos vivamos en casas estandarizadas e vulgares.

Sucede o mesmo en urbanismo, onde falta un plan que recolla os sentimentos, as relacións sociais e os vínculos culturais, facéndose vilas e cidades con poucos lugares atractivos, sen rompernos moito a cabeza en pensar en como mellorar as nosas relacións. Christopher Alexander, un dos grandes expertos na materia, escribiu hai 54 anos un libro que debería ser un manual para os que deseñamos. Na súa obra Linguaxe de patróns, dá pautas que aínda hoxe se poden considerar contemporáneas, e que non adoitamos ver nas novas vivendas.

Os espazos creados polo urbanismo e pola arquitectura deberían producir sentimentos, sobre todo o da felicidade. A entrada dunha casa, segundo se proxecte, pode ser un vulgar lugar de paso ou, pola contra, unha estancia agradable para charlar, para sermos felices. As prazas e xardíns, no canto de seren lugares estandarizados, poden ser lugares de encontro e de felicidade. Os espazos non deben ser as sobras do resto, senón lugar principal.