Carmen Figueira: «A nosa postura é de traballo e de atender as necesidades que hai»

Marta Gómez Regenjo
M. Gómez RIBEIRA

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

A tenente de alcalde defende que o goberno traballa a reo cos recursos dos que dispón

11 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A tenente de alcalde e voceira do PSOE, Carmen Figueira, recoñece que non sempre é posible dar resposta a todas as necesidades que xorden.

-Goza de boa saúde o goberno bipartito?

-Penso que de saúde está ben, desde que entramos neste equipo de goberno estamos traballando por Rianxo e para mellorar o día a día da veciñanza. Cando estabamos na oposición sempre tentamos facer un labor responsable, non propostas populistas que denotan un descoñecemento de como funciona a Administración.

-Unha das críticas repetidas pola oposición é o inmobilismo.

-Moléstame un pouco cando din que non fago nada porque non é así. Tes que facer o que podes cos recursos que tes e xogar coas prioridades, decidir o que consideres que é mellor para a maioría. Non se pode dicir a todo que si.

-Que destaca das súas áreas?

-Púxose en marcha a plataforma da actividade empresarial mercarianxo.gal e hai que potenciala. A nosa postura é de traballo e de atender as necesidades e demandas cos recursos que temos.