María Lago: «Faltan accións en materia social»

La Voz

BARBANZA

María Lago, BNG de Muros
María Lago, BNG de Muros Cedida

03 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Afirma a voceira do BNG, María Lago, que «faltan accións en materia social». Neste sentido, lembra que se aprobou hai tempo unha iniciativa do seu partido para reclamar ao Sergas unha unidade de atención ás adicións e que nada se fixo. Tamén bota en falta a existencia dun plan de mantemento das infraestruturas públicas: «Non hai un só parque en todo o municipio nunhas condicións decentes». Lago critica «a falta de comunicación. Non se dialoga, salvo co PSOE», e lamenta que non existan proxectos para impulsar o emprendemento no municipio.