Paula Tubío Calvo

La Voz

BARBANZA

Alumna de segundo de bacharelato no IES Félix Muriel

02 jun 2021 . Actualizado a las 16:52 h.

1. O seu mellor momento para a lectura. Polas tardes ao sol.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Sempre escollo libros da biblioteca da miña casa (que é unha caixa de sorpresas) dos que escoitei falar no instituto, algún autor ou autora que vin citado…

3. Que lle achega a lectura? Ensíname perspectivas do mundo que descoñecía e faime reflexionar.

4. Os seus libros favoritos. A casa dos espíritos de Isabel Allende, e 20 poemas de amor e unha canción desesperada, de Pablo Neruda.

5. Un xénero literario. A poesía.

6. Un personaxe e un espazo literario. McMurphy de Alguén voou sobre o niño do cuco, e o psiquiátrico deste libro.

7. Que está a ler agora? Así falou Zaratustra, de Friedrich Nietzsche.

8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Manuel Antonio e Luis Cernuda.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? A música, toco a guitarra e a frauta traveseira na Banda da Escola de Música de Rianxo.

10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. O solpor no Castro Barbudo.