A Xela Arias máis persoal conquista ós estudantes do instituto pobrense

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

Ana Iglesias, Mónica Soto e Ana Pino, que foron amigas de Xela Arias, falaron da escritora no IES da Pobra
Ana Iglesias, Mónica Soto e Ana Pino, que foron amigas de Xela Arias, falaron da escritora no IES da Pobra CARMELA QUEIJEIRO

Clara Pino, Mónica Soto e Ana Iglesias coñeceron á poeta na facultade

12 may 2021 . Actualizado a las 19:28 h.

Clara Pino, Mónica Soto e Ana Iglesias coñeceron a Xela Arias cando esta decidiu estudar Filoloxía Hispánica. Fixéronse amigas, e agora, o ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas á escritora de Sarria, as tres mulleres amosan «á persoa tras a poeta», comenta Pino. De feito, a charla que impartiron no IES da Pobra levaba por nome Xela, coma ti e coma min.

Debido ás medidas anticovid, ao acto só asistiron os alumnos de primeiro de bacharelato: «Os estudantes responderon de marabilla», comentou Clara Pino, que, ademais, é mestra no instituto pobrense. «Xa levamos varias conferencias e decatámonos de que é unha poeta moi próxima, moderna, do noso tempo, a pesar de falecer no 2003. Por iso aos rapaces chamoulle a atención», sinalou. Tamén quixo destacar a «alumnado marabilloso que temos na Pobra, que tivo un comportamento exemplar»