Verónica Lojo Varela, asistente domiciliaria e estudante

La Voz

BARBANZA

27 mar 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

,1. O seu mellor momento para a lectura. Polas noites, cando estou máis relaxada.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. O único que fago é ler a sinopse. Se me chama a atención, é o acertado.

3. Que lle achega a lectura? Reláxame e permíteme evadirme do día a día, vivir historias e coñecer lugares afastados.

4. Os seus libros favoritos. O can dos Baskerville, Ángeles y demonios e Agosto do 36.

5. Un xénero literario. A novela de suspense.

6. Un personaxe e un espazo literario. O profesor Robert Landon e a Italia histórica.

7. Que está a ler agora? Os elefantes de Sokúrov.

8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Antón Riveiro Coello e Rick Riordan

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Facer turismo, coñecer lugares da miña terra e a súa historia, ir o cine e, cando me sinto con inspiración, escribir.

10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. A fervenza de Cadarnoxo.