A nosa casiña de Mondelo

margarita fernándezpastor rodríguez

BARBANZA

27 feb 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Un dos barrios máis castizos de Palmeira recibe o nome de Mondelo e, por unha rúa travesa que procede da estrada principal, ascende ata unha zona boscosa. A continuación, tentaremos clarificar a etimoloxía do vocábulo.

Para efectuar este labor, fixémonos no topónimo dun núcleo de poboación afastado da Barbanza: Pacios de Mondelo, pertencente a Quiroga (Lugo). A palabra Pacios provén do indoeuropeo *palation e atópase na documentación medieval galega referido ás cortes do gando. Á súa vez, Mondelo especifica a caste de animais que acubillaban as mencionadas cortes: tratábase de pecora minuta, é dicir, gando pequeno.

No termo minutum, entrego de miúdo, ao que se engade o sufixo ?ellus, de carácter diminutivo, reside a orixe de Mondelo. A evolución que experimenta a verba (minutello<miudello<mondelo) explica o devandito significado, que concorda coa antiga identidade do barrio palmeirán, tipicamente labrego.

Moito xoguei en Mondelo, á carón da casiña onde naceu a miña avoa. Dabondo xogamos, dabondo…