Adrián Mosquera: «Se vou a Tokio decidirase por décimas»

Álvaro Sevilla Gómez
S. Gómez RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

O deportista do Rías Baixas tivo que marchar a Sevilla para poder preparar a tempada

22 feb 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Se algo ten Adrián Mosquera (Rianxo, 1996) é confianza en si mesmo. Non fai falla máis que falar uns segundos con el para velo. Campión de España e padexeiro internacional, o deportista do J. J. Chicolino viaxou a Sevilla para poder adestrar e preparar a campaña do 2021. As borrascas e temporais que levan meses golpeando Galicia obrigárono a cambiar Boiro pola cálida cidade andaluza. Dende alí prepara o seu asalto á Copa do Mundo, proba na que tratará de conseguir un oco nos Xogos Paralímpicos de Tokio. Esa é a súa gran meta deste ano.

-Escapaches de Boiro.

-Home, non quedou outra [ri]. Ca chuvia que caeu levaba dúas semanas facendo só remoergómetro. Veunos ben o cambio a min e ao adestrador [Luis Ourille]. Temos boas sensacións.

-Canto tempo levades polo sur xa?

-Dende o día 14. Estaremos aquí ata final de mes, e logo xa arrancamos de volta para Galicia.