O BNG reclama dos Orzamentos da Xunta máis de 35 millóns en investimentos en Noia e Muros

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

Rosana Pérez solicita actuacións para mellorar o saneamento e recuperar o sector marisqueiro

30 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A deputada do BNG Rosana Pérez analizou onte os Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano e detallou os investimentos que a formación pretende conseguir para as bisbarras de Muros e Noia. Os nacionalistas presentarán emendas, por un importe superior aos 35 millóns, en materia de saneamento e recuperación do sector marisqueiro e da pesca de baixura.

De igual xeito, Rosana Pérez manifestou que o seu grupo pretende conseguir 1,5 millóns para o funcionamento do Intecmar e 1,3 millóns para a incorporación dos mozos ao sector extractivo.

Outra das actuacións afecta ao municipio de Mazaricos e está relacionada coa captación de auga no río Beba. En Outes, o BNG demanda a mellora da seguridade viaria na rúa Fisterra e, en Muros, a remodelación da praza de abastos.