O BNG pide incluír nos Orzamentos da Xunta 46 millóns para un plan de continxencia

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

Rosana Pérez
Rosana Pérez

Gran parte das inversión irían destinadas a mellorar a atención sanitaria na comarca

29 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Máis investimentos sociais e un impulso económico para os municipios de Arousa norte son as liñas mestras das emendas presentadas polo BNG aos Orzamentos da Xunta neste territorio. Entre as propostas dadas a coñecer pola deputada Rosana Pérez figura un plan de continxencia de 46 millóns de euros.

Dito investimento estaría dirixido a garantir a atención presencial e a equidade na asistencia sanitaria, tanto para os afectados pola covid como para os de outras patoloxías.

O BNG engade outros 20 millóns de euros para aumentar o persoal en atención primaria. Neste aspecto, Rosana Pérez reclamou a necesidade de facer melloras no ambulatorio de A Pobra e recordoulle ao presidente a súa promesa de construción dunha nova planta de hospitalización no complexo comarcal.

Rosana Pérez tamén se referiu á demanda para facer un centro residencial en Ribeira e reclamou un plan de rescate urxente para apoiar aos autónomos.