Aclaracións necesarias

Alicia Padín

BARBANZA

23 nov 2020 . Actualizado a las 19:02 h.

Respecto á entrevista publicada o domingo 22 de novembro de 2020 quero facer algunhas aclaracións necesarias para deixar claro a miña consideración persoal e profesional respecto ao status e situación que deben ter as dúas linguas cooficiais en Galicia:

Considero que tanto galego como castelán son linguas que cada cidadán debe utilizar con total liberdade.

Fixen estas declaracións a título persoal, sen que poidan considerarse baixo ningún concepto mensaxes políticas de ningunha das administracións nas que traballo ou coas que colaboro.

Pretendín facer referencia a que, ao meu entender, hoxe en día calquera persoa formada en Galicia está capacitada para falar en galego ou en castelán en público sen ningún tipo de problema. Foi unha frase que sen lugar a dúbidas estivo mal expresada pola miña parte. O meu quefacer diario é a dinamización e normalización do uso do galego, sempre desde o respecto.

Ofrezo desde aquí sinceras desculpas.