O Museo do Gravado ilustra a reedición do «Aires da miña terra» de Curros Enríquez

As estampas formarán parte dunha exposición que se abrirá ao público o 11 de decembro


No marco do taller que hai uns meses impartiu José Fuentes no Museo do Gravado de Artes, os alumnos realizaron unha colección de estampas inspiradas no libro Aires da miña terra de Curros Enríquez, co fin de conmemorar os 140 anos que se cumpren do seu lanzamento. Agora, as ilustracións feitas nese obradoiro enchen de cor unha reedición de dito volume que vai ser publicada pola sala ribeirense.

O libro recolle o texto orixinal, pero entre as súas páxinas fóronse inserindo as estampas realizados por 26 artistas, entre os que se atopan Manuel Ayaso, Paco Casal, Claudia Lestón, Yolanda Herránz, Aida López, Antonio Pérez, Mónica Montero, Maralla e Xoán Pastor Rodríguez. Estes aproveitaron o curso no que tiveron ocasión de descubrir os segredos do gravado V33, unha técnica creada polo propio José Fuentes, catedrático da Universidade de Salamanca, para crear ilustracións inspiradas no Aires da miña terra. Esas obras forman parte dunha exposición que verá a luz coincidindo co lanzamento da reedición do texto de Curros Enríquez.

Contidos do libro

A apertura da mostra, que se poderá ver no Museo do Gravado de Artes, foi fixada para o próximo 11 de decembro, ás 20.00 horas. No acto está prevista a participación do presidente da fundación encargada da xestión da sala e alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, así como dos autores das obras. Ese día darase a coñecer o libro, que conta cunha portada deseñada por Héitor Picallo e se completa cunha explicación de José Fuentes sobre a técnica de gravado V33.

Debido ás medidas sanitarias de prevención contra o covid, o aforo da sala na que se expoñerán as ilustracións verase limitado e as persoas que desexen asistir ao acto de inauguración teñen que reservar a entrada con antelación. Poden facelo chamando ao 981 871 342 ou enviando un correo a fundartes@gmail.com.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Museo do Gravado ilustra a reedición do «Aires da miña terra» de Curros Enríquez