Antón Riveiro Coello abre en Boiro a celebración das Letras Galegas de Barbantia

M. X. B.

BARBANZA

MARCOS CREO

Presentará «O paraíso dos inocentes», o libro co que gañou o Premio Torrente Ballester 2019

30 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Centro social de Boiro • 20.30 horas • O programa das Letras Galegas promovido por Barbantia coa colaboración do Concello de Boiro comeza hoxe coa presentación de O paraíso dos inocentes, o libro de Antón Riveiro Coello que gañou o Premio Torrente Ballester 2019. O acto contará coa actuación da escola de ballet local Cen Pliés.