Metamorfose


O peche dunha fábrica ou instalación industrial abre un debate urbanístico que, en Galicia, case nunca se dá. Tanto o propio edificio como a súa contorna quedan aletargados agardando que o mercado resolva a incerteza. Non debe ser así, porque o organismo urbanístico é cousa común e debe interesar a todos para manter a identidade da cidade, mantendo viva a memoria colectiva.

Hai cinco solucións para encher o baleiro: 1) A mediocre de cambiar a cualificación urbanística para construír bloques de vivendas, aumentando a densidade e perdendo a identidade, ignorando a historia e banalizando o urbanismo. 2) Outra común en Galicia consiste en deixala esmorecer ata chegar á ruína, como no caso de Massó en Cangas, que entre na lista roja do patrimonio a desaparecer. 3) Derrubar a vella fábrica e o seu lugar transformalo nun aparcadoiro, enchendo o centro de coches, que nada aportan ao urbanismo, que converten unha xoia en chatarra urbana, aos ollos dun urbanista. 4) No canto de aparcamentos, construír uns xardíns no lugar da fábrica, unha solución máis loable que a anterior, pero pouco respectuosa coa memoria histórica do pobo, co patrimonio inmaterial gardado nos corazóns. 5) Actuar con intelixencia, utilizar a imaxinación e converter a vella fábrica nun complexo cultural, catalizador das sinerxías e da memoria, sempre mantendo ao máximo a arquitectura preexistente para non prexudicar a imaxe colectiva.

Esta última é a que se utiliza en Finlandia, Inglaterra, Holanda e ultimamente Portugal, que transformou unha vella conserveira de Matosinhos na Casa da Arquitectura.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Metamorfose