Manuel López recolleu o Premio de Poesía de Carral

A. L.

BARBANZA

cedida

O noiés acadou o premio coa súa obra «Nas pulsacións»

15 sep 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Nas pulsacións é o título da obra que este ano se fixo co Premio de Poesía Concello de Carral, e que está asinada polo escritor noiés Manuel López Rodríguez, que esta fin de semana viaxou ata o municipio coruñés para recoller o galardón. O xurado valorou especialmente este traballo porque «amosa un discurso sólido e inspirado, cunha gran riqueza léxica e con interesantes descubrimentos estilísticos». Ademais do autor, no acto estivo presente o alcalde do municipio, Javier Gestal, o director xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo Lorenzo, e o responsable de Edicións Espiral Maior, Fernán Vello. Tamén se aproveitou para presentar a obra finalista do certame do ano pasado, En luz escrita, de Xurxo Alonso, quen asinou exemplares a varios dos asistentes.

Pola súa banda, o noiés Manuel López Rodríguez ten publicado o libro Antítese nativa e colabora en múltiples revistas e publicacións. Ademais, nos últimos anos gañou varios premios de poesía, como o Suso Vaamonde, o Eduardo Pondal ou o López Ardeiro, entre outros.