Carta de agradecemento

La Voz CAIXA DE CORREO

BARBANZA

04 sep 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Pode enviar os seus textos a redac.barbanza@lavoz.es

O pasado 20 de agosto, cando subía con dous compañeiros en bicicleta por unha pista de montaña entre uns penedos de certa dificultade, sufrín unha caída que me deixou notablemente mancado. Así pois, o motivo desta carta é amosar o meu máis profundo agradecemento a todas as persoas que participaron no meu rescate, empezando polos dous compañeiros meus, que foron os que me prestaron os primeiros auxilios e chamaron a emerxencias.

 

Foron eles os que avisaron aos bombeiros de Boiro, que se comportaron cunha enorme profesionalidade e valor. Ademais amosaron o seu lado máis humano ao darme ánimos mentres me socorrían dun sitio de extrema dificultade. Tamén destaco o traballo da Garda Civil, así como o do persoal da ambulancia que me trasladou a un centro hospitalario, e tamén o de todos os axentes que me axudaron e os membros de Protección Civil.

Tamén quero subliñar o meu agradecemento ao Hospital da Barbanza, polo trato que me dispensou o seu persoal, profesional e cunha atención exquisita en todo momento. Recibide todos vós a miña máis fonda e sincera gratitude, e como dicimos a xente de mar, que os ventos vos sexan moi favorables. Grazas, grazas, graciñas. Emilio Vázquez Torrado. Boiro