O negocio do lume


Achegada do verán é xa unha garantía da proliferación de incendios por case toda Galicia e norte de Portugal, e co cambio climático son máis voraces e perigosos polo incremento da temperatura. Mirámolos con medo e rabia e estigmatizamos aos supostos pirómanos, que case nunca aparecen ou sinalan a persoas maiores que queimaron mato.

O último informe do Fondo Mundial para a Natureza (WWF) sinala que investimos o 20 % na súa prevención e o 80 % na súa extinción e apunta que se invertemos esas proporcións (80 % prevención, 20 % extinción) faríanos un oco no mercado da exportación que non temos.

O certo é que ano tras ano non deixamos de laiarnos pola desgraza, pero tampouco movemos ficha para cambiar o paradigma, cuxa solución pasaría pola ordenación racional do monte e do tipo de arborado. Chegamos á xeneralización descontrolada do monocultivo do eucalipto, unha especie pirófita importada de Australia, cun método expansivo que naceu na Idade Media no Xapón e que posteriormente chegou a nós a través de Alemaña.

Foi a creación do corpo de enxeñeiros forestais como se expulsaron do monte as especies autóctonas e se implantou o piñeiro, e posteriormente o eucalipto. A estrutura de extinción agocha, ademais, unha trama millonaria que se beneficia dos incendios, tal e como revelou recentemente unha investigación xudicial, un negocio que ano tras ano se reparte entre varias empresas especializadas con potentes medios aéreos. De nada vale colocar cámaras no monte para vixiar e capturar aos supostos incendiarios e vexo difícil atallar e anular unha estrutura que vive do lume.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
11 votos
Comentarios

O negocio do lume