Hemeroteca: Os xaponeses levaban o xurelo de Ribeira para comelo cru, con salsa de vinagre

Durante un tempo funcionou un buque factoría que levaba mercancía cada 15 días


Un buque factoría que apareceu no porto de Ribeira a estas alturas de 1977, o Maypesca, revolucionou o sector pesqueiro local, sobre todo o relacionado coa captura de xurelo. Ata esa data, era unha especie cunha cotización moi baixa, pois o quilo non superaba as 2,50 pesetas da época. De repente, chegou ata as 8,40. O motivo era que a consignataria de dita embarcación firmara un compromiso comercial cunha firma xaponesa, segundo o cal lle mercaría todo o xurelo conxelado que fora capaz de procesar.

Do Maypesca partiu unha primeira partida de 250 toneladas de xurelo, un produto que os xaponeses comían cru, aderezado cunha salsa de vinagre denominada soyu. A idea era establecer un servizo de transporte entre Ribeira e Tokio, con saídas cada quince días.

Ademais de elevar o prezo desta especie, a iniciativa propiciou a xeración de postos de traballo na comarca. Só a bordo do buque factoría había medio cento de tripulantes, a maioría deles, barbanceses, fundamentalmente de Noia e Rianxo. Tamén había cinco xaponeses, que eran os encargados de supervisar a clasificación do peixe.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Hemeroteca: Os xaponeses levaban o xurelo de Ribeira para comelo cru, con salsa de vinagre