Antonio Lijó: «O malo é a xente maior á que aínda non puidemos ver»

El hostelero ribeirense espera que se conteñan os rebrotes e este sexa un bo verán

El hostelero en el balcón del Bar Plaza, donde se localiza el Ateneo Valle-Inclán de Ribeira
El hostelero en el balcón del Bar Plaza, donde se localiza el Ateneo Valle-Inclán de Ribeira

Ribeira / la Voz

Como o hostaleiro experimentado que é, o ribeirense Antonio Lijó é moi consciente de que o golpe máis duro da crise sanitaria no seu sector aínda está por vir. Non será fácil saír desta, sábeo, pero confía en que pouco a pouco a situación se vaia normalizando e por fin poida producirse o agardado reencontro con todos os seus clientes e veciños.

-Como está a ser a adaptación á nova normalidade?

-A volta tamén esta sendo dura, o interior dos locais está practicamente baleiro todo o día, pouca xente se anima a entrar. Faltan clientes que non están saíndo, e o rebrote do pasado fin de semana non nos axudou nada.

-Non os estaban agardando os clientes cos brazos abertos?

-Había moitísimas ganas, o malo é a xente maior á que aínda non puidemos ver. Hai persoas de risco, con patoloxías, que non entran, son os que faltan por volver e probablemente non o fagan ata que haxa unha vacina ou se chegue aos cero contaxios, que creo que é posible que cheguemos.

-Os que si que están acudindo son os máis novos polas noites...

-Os fins de semana é un pouco caos, cos rapaces non se pode, a ver se coa axuda da Policía Local podemos controlalo un pouco. A xente máis nova non ve isto como algo seu, por sorte a súa franxa de idade é menos vulnerable ante o coronavirus e non teñen medo. Teñen poucos anos, á súa idade crense inmortais e polas noites é moi complicado controlar os aforos e as distancias.

-Como se presenta o verán?

-Se non hai máis rebrotes, penso que vai ir ben. Ademais Ribeira non é un sitio que viva exclusivamente do turismo, vivimos da xente de aquí, non somos un pobo que se non hai turistas está morto. E ademais é un lugar privilexiado, polas súas praias e porque non hai aglomeracións, e creo que o turista habitual aquí vai vir igual porque, sobre todo persoas do interior de Galicia que levan vindo toda a vida e xa teñen casa aquí.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Antonio Lijó: «O malo é a xente maior á que aínda non puidemos ver»