O BNG presentouse en Noia como a única alternativa para «unha Galicia de futuro»

O primeiro acto comarcal da campaña contou coa presenza de Néstor Rego, representante do BNG no Congreso


ribeira / la voz

Tres candidatos da bisbarra na lista do BNG pola provincia da Coruña, Rosana Pérez, Patricia Torrado e Anxo Núñez defenderon nun mitin en Noia que a formación nacionalista é a única alternativa para «unha Galicia de futuro». Nun acto político que tivo lugar na Alameda, subliñaron «a necesidade dun goberno que aporte certezas» e de «rachar coa dependencia de decisións que veñen de fóra».

As carencias de saneamento en rías tan produtivas como a de Muros-Noia, ou a incidencia que teñen no sector pesqueiro medidas sobre cotas estiveron presentes nas intervencións. A edila sonense Patricia Torrado asegurou que «o BNG fai política da xente para a xente».

Mentres que Rosana Pérez puxo en valor as potencialidades do territorio no eido marítimo e de aproveitamento dos recursos agrícolas e forestais.

Apostar polo público

O primeiro acto comarcal da campaña contou coa presenza de Néstor Rego, representante do BNG no Congreso, que falou da necesidade de imprimir un xiro a Galicia nas eleccións do día 12.

Neste sentido, os representantes políticos subliñaron que a formación liderada por Ana Pontón defenderá os servizos públicos en ámbitos como o da sanidade ou a atención aos maiores.

O voceiro do BNG en Noia, Ricardo Suárez, tamén tomou a palabra para indicar que «é preciso construír unha Galicia economicamente forte».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
38 votos
Comentarios

O BNG presentouse en Noia como a única alternativa para «unha Galicia de futuro»