Aberto o prazo de inscrición para as probas do Celga

La Voz

BARBANZA

Os exames terán lugar nos meses de setembro e outubro

31 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A Consellería de Cultura reabriu esa semana o prazo de inscrición para realizar as probas de acreditación do certificado oficial en lingua galega que expide a Xunta (Celga). Por mor da crise sanitaria, este proceso quedou interrompido e agora vólvese retomar. Ata o 16 de xuño poderán anotarse e pagar as taxas correspondentes todas aquelas persoas que desexen conseguir este título, cuxas probas celebraranse nos meses de setembro e outubro, se as condicións de seguridade da evolución da pandemia así o permiten.

Está previsto que en Santiago se examinen todos os alumnos dos cursos 1, 2, 3 e 4 do Celga, mentres que en Ponferrada farano os que teñan que superar os tres últimos niveis.