Manuel López  Rodríguez gañou o premio Eduardo Pondal

La Voz

BARBANZA

cedida

O autor noiés atesoura varios galardóns literarios nos últimos anos

17 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A Concellería de Cultura de Noia quixo felicitar ao escritor Manuel López Rodríguez, que acaba de gañar o segundo Premio de Poesía Eduardo Pondal que convoca a editorial Medulia. Este galardón súmase a unha longa lista de recoñecementos que xa atesoura o poeta noiés. De feito, nos últimos anos tamén conseguiu impoñerse en varios certames de poesía, como o Leiras Pulpeiro do 2019, o Premio Ardeiro ou o Suso Vaamonde, entre outros concursos poéticos.