Os Liantes asaltan as redes cunha gran foliada virtual

Unhas vinte formacións de toda a comarca participarán neste festival


Os Liantes volvérona a liar, e o confinamento non puido coas ganas de festa deste grupo de música tradicional de Ribeira, que está organizando unha gran foliada, aínda que polo estado de alarma terá que ser virtual. Darío Silva, responsable do grupo ribeirense, explicou que nos dous últimos anos viñan festexando o Día das Letras Galeas cun gran festival que tiña como escenario o centro recreativo de Artes.

Nesta ocasión, como non podían facelo de maneira presencial, pensaron noutra forma de celebralo sen que a música deixase de soar. Despois de darlle moitas voltas, optaron por compoñer un vídeo con temas que lle foron enviando todas as agrupacións que colaboran con eles en distintos certames.

Uns vinte grupos aceptaron a invitación de Os Liantes para participar nesta foliada virtual, e ao longo dos últimos días gravaron e foron enviando as súas pezas.

Montaxe

Con todas estas cancións, os ribeirenses fixeron unha montaxe, que terá a súa gran estrea este sábado. A través da canle que a asociación cultural Os Liantes ten en Youtube, colgarán este traballo audiovisual, que poderá verse a partir das 20.00 horas.

Aquelas persoas que non queiran perderse esta gran festa da música, bautizada como Foliada Pretérita e Imperfecta, poderán escoitar as pezas creadas por grupos como Eiradela, Liz&Ramalleira, Rianxeiras da Covecha, Pulpiño Viascón, Nunca é Tarde, Os Centenarios, Valladares, Lupe Blanco, Tahume, Rumbía, David Bellas, Os Monifates, Edelmiro, J, M. Tejedor, Vigués&Ciego&Ivana, A Compañía do Ruído, Fiándola, Vilán&Ibáñez, Isidro Vidal, Díaz& Pascual y David López.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Os Liantes asaltan as redes cunha gran foliada virtual