A sétima «Barbantiarte» reunirá a 80 creadores

A mostra xa está montada no Museo do Gravado de Artes e a súa apertura incluirá un encontro de artistas da zona


ribeira

Hai xa varias semanas que a asociación Barbantia e o Museo do Gravado de Artes puxeron en marcha a maquinaria para a organización dunha nova edición, a sétima, de Barbantiarte, a exposición que lle permite aos creadores da comarca dar a coñecer os seus traballos. De feito, estaba previsto que a inauguración da mostra tivera lugar os pasados días 20 e 21. O coronavirus impediuno, pero o plan é proceder á apertura en canto sexa posible, co fin de que os público teña acceso aos traballos que achegaron nada menos que 80 artistas.

Como en edicións anteriores, a exposición busca converterse nun escaparate do que, a nivel creativo, se está a facer actualmente en Barbanza. Quizais, o máis importante é que teñen cabida todos os estilos e tamén todos os artistas, pois non se fixo unha selección, senón que se exhiben todas as obras que chegaron ao museo de Artes.

A pintura é a categoría raíña desta sétima Barbantiarte. Son uns corenta os artistas que se animaron a sumarse á exposición achegando os seus cadros. Na relación hai nomes por todos coñecidos como os de Manuel Ayaso, Paco Casal, Pío Costa, Paola García, María Magán, Santarelli, Inés Silvalde, Veiras Manteiga, Maralla, Carmen Sampedro ou Delio Sánchez.

Unha ducia de escultores quixeron aproveitar a ocasión brindada desde Artes. Trátase de Ricardo Dávila, María José Fernández, Montse Queiruga, Fran Lareo, Pepa Mariño, Elia Núñez, Marian Paredes, Soledad Penalta, Xohán Santos, SonAgasallo, Che Tembra, Manuel Teira e Manuel Vilaverde. E outros tantos fotógrafos tamén decidiron sumarse á proposta para amosar os seus traballos: Quico Calo, Manuel López Rodríguez, Pol Cobas, Juancho Dosil, Mecky Maceiras, Santiago Gabán, Xulio Gil, Vanessa Mariño, Luis Polo, Isabel Soler, Abelardo Soler e Toño Vila.

Presentación en directo

Cos seus gravados estarán nesta edición da mostra Ana Cambeiro, Yolanda Carbajales, Antonio Pérez, Esther Rincón-Benzelá e Pastor Rodríguez; mentres que o audiovisual estará representado por María del Carmen Alonso e Alberte Pagán. A maiores, Olegario Sampedro expón unha instalación poético-artística e Amparo Fernández, unha obra vinculada coa perruquería. Marijo Sampedro confeccionou para a ocasión un tear de malla e Esperanza Mara presentará en directo, o día da inauguración o seu proxecto de recuperación de cantos de arrolar tradicionais, bautizado como Tecendo soños.

O director do Museo do Gravado de Artes e membro da directiva da asociación Barbantia, Pastor Rodríguez, cualificou esta iniciativa como «unha xanela aberta á creatividade». A apertura da mostra aínda non ten data, pero incluirá un encontro de artistas da comarca.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

A sétima «Barbantiarte» reunirá a 80 creadores