Últimos días para deseñar os debuxos do suadoiro e do cartel dorneiros

Os interesados en sumarse aos certames que están en marcha teñen ata o domingo para enviar as súas obras


ribeira

Desde a Real e Ilustre Cofradía da Dorna animan aos ilustradores da zona a poñerse mans á obra e aproveitar estes días de peche obrigado para crear propostas para o suadoiro e o cartel da vindeira singradura, a número 72. A entidade lembra que o prazo para remitir os traballos concluirá o vindeiro domingo. A intención da entidade é celebrar en canto sexa posible unha asemblea co fin de elixir os debuxos gañadores. Non se descarta o emprego das redes sociais para realizar dita selección. O gañador de cada un dos certames farase cun premio de 400 euros.

A Real e Ilustre tamén ten en marcha un concurso de deseño de trofeos e outro de creación dunha canción, o xite dorneiro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Últimos días para deseñar os debuxos do suadoiro e do cartel dorneiros