Un hidrólogo de Palmeira


Non son as terras do Barbanza e Noia-Muros ricas en augas termais, mais aínda así deron, cando menos, tres médicos hidrólogos importantes: o ribeirán Manuel Jacobo Fernández Mariño (1784), o palmeirán Vicente García Millán e o muradán Antonio Novo Campelo (1878-1948).

Vicente García Millán naceu en Palmeira o 22 de agosto de 1843 e foi anotado como Vicente Millán, fillo de solteira, na partida de bautismo, pero o 30 de outubro de 1851 seu pai lexitimouno. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago, dende 1876 foi o director do balneario da illa da Toxa.

Por Fausto Galdo sabiamos que era autor do traballo Sobre la acción antihelmíntica de las aguas de Loujo, publicado en 1887 no Anuario Oficial Estadístico de las aguas minerales de España, editado en Madrid. Agora, dende 2017, coñecemos outras publicacións do autor grazas á edición do catálogo da exposición Balnearia Bibliográfica e ao traballo de Carlos González Guitián no seu Diccionario bibliográfico dos hidrólogos de Galicia. Son estes traballos de García Millán os titulados: Baños de Loujo a La Toja, memoria del Director correspondiente al año de 1887 publicado no Boletín de Sanidad de 1888; e o opúsculo editado en Pontevedra La Toja, baños y aguas cloruradas-sódicas: temporada de 1900, probablemente en 1900.

Ademais dos hidrólogos citados, outros autores do Barbanza interesáronse por temas referentes ás termas, como Celestino García Romero, xesuíta de Boiro, en Cuntis. Memorias Romanas (1922) e a outra d’A Pobra do Caramiñal`, Isabel Rego Lijó, que estudou e editou o traballo de Gil Casares sobre a Fonte dos Templarios (2012).

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Un hidrólogo de Palmeira