Ricardo Losada presenta en Compostela o libro «A casa xunto ao volcán»

La Voz

BARBANZA

gus de la paz

No acto que se vai desenvolver na libraría Couceiro estarán, arroupando ao autor, Malores Villanueva, da editorial Galaxia, e o tamén escritor Xosé Manuel Lobato

18 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá • Libraría Couceiro (Santiago) • 19.30 horas • O escritor rianxeiro Xosé Ricardo Losada desprazarase mañá a Compostela para presentar A casa xunto ao volcán, obra coa que gañou o segundo Premio Viadutos de Novela. Esta historia amosa, a través dunha adolescente, o pensamento crítico dunha sociedade e pon en valor a importancia do ensino como axente creador de persoas libres.

No acto que se vai desenvolver na libraría Couceiro estarán, arroupando ao autor, Malores Villanueva, da editorial Galaxia, e o tamén escritor Xosé Manuel Lobato.