Arrancadeira servirá na Pobra o Caldo de Gloria na honra de Rosalía

M. X. B. RIBEIRA

BARBANZA

CEDIDA

A xornada completarase con música tradicional e unha lectura de poemas da escritora do Sar

18 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Domingo • Cantón da Leña (A Pobra) • De 12.00 a 15.00 horas • Os veciños da Pobra e todas aquelas persoas que este domingo se acheguen á vila poderán degustar o Caldo de Gloria, un prato inspirado no poema de Rosalía de Castro Miña casiña, meu lar. Durante os últimos anos, esta iniciativa gastronómica está a expandirse polo territorio galego coincidindo co día que se lle dedica á escritora do Sar, o 24 de febreiro.

Na vila pobrense, a degustación foi organizada pola asociación Arrancadeira, que ten preparadas varias actuacións a cargo dos seus grupos de baile e pandeireta para animar a cita. Tamén se sumarán os Argalleiros de Santiago. O acto incluirá unha lectura de poemas de Rosalía.