O BNG de Outes propón catro plans de actuación para as obras do POS

L. Martelo OUTES / CORRESPONSAL

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

Os nacionalistas propoñen o arranxo do firme en diversos puntos, como os paseos do Freixo, Requeixo, Albán e A Serra

06 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O BNG de Outes presentou onte a súa proposta para investir o POS do 2020. A portavoz dos nacionalistas, María Xosé Suárez, explicou que as obras comprenden catro plans de actuación, enmarcados na recuperación dos espazos públicos, o incremento da seguridade viaria, a mellora dos equipamentos deportivos e a creación de novas infraestruturas para infancia e a xuventude.

Os nacionalistas propoñen o arranxo do firme en diversos puntos, como os paseos do Freixo, Requeixo, Albán e A Serra. Tamén apostan pola creación dun parque infantil cuberto e unha pista de monopatín.

As propostas inclúen o aumento da seguridade viaria mediante a creación de diversas sendas peonís. En materia deportiva indican a necesidade de reparar a cuberta do polideportivo e de adecuar as instalacións do club de piragüismo Taxamar.

O BNG apunta que nas melloras que se propoñan no pleno, só apoiará as obras que impliquen unha actuación integral.