X.M. Carreira Antelo: Un musicólogo noiés


Non hai dúbida de que o Barbanza conta cun dos grandes musicólogos galegos e con prestixio internacional, o padre xesuítico José López Calo. Ao seu carón hai que situar a X. M. Carreira Antelo, nacido en Noia o 24 de xuño de 1954. Presidiu o Instituto Galego de Ciencias Musicais e é membro do consello de redacción da prestixiosa Revista de musicología. Colaborador do Diccionario de la música hispánica, da Stonia dello spectacolo musicale e do New grove dictionary of opera. En 1979 publicou, en colaboración con M. Balboa, o volume 150 anos de música galega e, tras el, moitos artigos especializados como La tasa y regulación del Coliseo de Óperas y Comedias fabricado por Setaro (A Coruña, 1772) na Revista de musicología (X, 2, 1987); La temporada teatral 1791-92 en A Coruña (El pleito Cañizares-Nicolini) na Revista del instituto José Cornide (26, 1991) ou El teatro de ópera en la península Ibérica ca. 1750-1775. Nicolà Setaro na obra De musica hispanica et aliis (II, 1990), en homenaxe ao padre Calo. En galego publicou Os vilancicos de galegos na liturxia do Nadal nas eirexas ibéricas e americanas nos séculos XVI ao XVIII (C.E.D.G, 68, 1987) ou Rosalía e a estética musical (Rosalía Viva, ANT, 1990). Colaborador da Gran Enciclopedia Gallega con varias entradas, entre elas a dedicada ao músico da Pobra do Caramiñal, Egidio Paz Hermo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

X.M. Carreira Antelo: Un musicólogo noiés