A Misarela, na Pobra


No concello d´A Pobra, onde o río Pedras fai honra ao seu nome, hai unha cachoeira e unha ponte de nome A Misarela, próximas aos restos dun antigo convento franciscano datado a finais do século XIV. Unha fermosa lenda refire a presenza dunha barca pétrea na que San Xoán, fuxindo dos mouros, foi remontando o río e botando pedras contra os inimigos. Barcas de pedra hainas na tradición de Santiago Apóstolo, na da Virxe da Barca de Muxía e na de San Andrés de Teixido.

Os estudosos relacionan os curraghs -naves irlandesas de coiro- coa forma da embarcación granítica da Misarela, como exemplo das tradicións irlandesas e bretoas chegadas a Galicia; outros din que o mundo xacobeo exportounas ao celta.

Hai dúas Mizarela no norte de Portugal: no distrito de Braga e no concello de Arouca, ambas con presenza de río e ponte. Quizais a orixe está no verbo latino miscere «mesturar, revolver, axitar», facendo referencia non só á mestura de augas, coma no caso dos tres ríos da Pobra: o San Xoán, o Barbanza e o Pedras, senón tamén á presenza de fervenzas ou ruxidoiras.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Misarela, na Pobra