O ría Ulla mórresenos (2)

Juan ordóñez buela DESDE FUERA

BARBANZA

01 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A s resacas do mar de Arousa xa só traen restos de centolas e de nécoras, ameixas e berberechos escuálidos, e un montón de lixo de procedencia moi variada, entre o que destacan os plásticos e as manchas de cru. Todo isto chega ata as áreas de Sete Cruces en Bamio, ata a costa de Carril e tamén ata o litoral de Rianxo. As rochas destas zonas estaban antes cheas de mexillóns. Tamén poderiamos falar da cacarexada Lei de Costas, pero deixaremos este tema para outro artigo, no que analizaremos a situación das brañas de Laíño, no veciño municipio de Dodro.

Ninguén se ocupa de verdade, coa enerxía necesaria, de poñerlle freo á decadencia desta catástrofe que se está a rexistrar e que vai a máis co paso do tempo. Unha decadencia moi preocupante, sobre todo tendo en conta que o ría Ulla e o mar de Arousa sofren desde hai décadas un salvaxe deterioro. Semella que non existe unha conciencia clara de que nos corresponde a todos salvar este patrimonio natural que contribuíu a facer famosas a nivel internacional as turísticas Rías Baixas.

Hai que ser serios e responsables con este problema, e darse conta da importancia que teñen certos temas, en especial os que están relacionados coa riqueza ecolóxica que nos rodea. Son cuestións que nos afectan á totalidade da cidadanía e, en especial, a aqueles que din preocuparse de forma desinteresada polos intereses de todos, polo ben común. Todo parece escurecerse demasiado rápida nesta ría de Arousa, onde o río Ulla se está morrendo lentamente. A súa agonía é galopante e se non unimos forzas para poñerlle freo, de seguro que nos arrepentiremos nun futuro non moi afastado.

Temos que defender o noso, unha paraxe que pode ser fonte de riqueza, non só a nivel de marisqueo, senón tamén de turismo, antes de que sexa demasiado tarde.