O río Ulla mórresenos

juan ordóñez buela

BARBANZA

24 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Orío Ulla vai morrendo lentamente entre o gasóleo e o ácido sulfúrico que lle botan as empresas das dúas ribeiras das provincias da Coruña e Pontevedra, e sobre todo o río Sar na súa desembocadura na famosa veiga de Lestrove, en Dodro.

A estas alturas non lle cabe na cabeza a ningún animal racional o feito, por outra parte inútil, de que as Administracións teñen que gastarse milleiros de miles de euros dos cartos de todos os cidadáns en Xacobeos e rutas do mar de Arousa e Ulla. Sen embargo, a Demarcación de Costas preocúpase máis dos metros das Brañas de Laíño que da contaminación do Ulla.

Os políticos discuten sobre quen ten as competencias directas sobre a ponte de Catoira, que une as provincias da Coruña e Pontevedra, mentres o río Ulla, xunto co Umia, é a alma mater do mar de Arousa e transcorreu limpo xeracións e xeracións de habitantes que decidiron sentarse nas súas ribeiras en épocas prerromanas e doutras tribos procedentes do norte de Europa.

A civilización europea débelle case todo a ese pequeno mundo, que dende sempre constituíu o mar de Arousa. A tradición aria e mesopotámica descansou e pasou longas temporadas de descanso xunto a nosa península fría e bárbara, que foi nos seus inicios Europa, e tras aquela estela Grecia, Roma, Bizancio e as diversas mestizaxes bárbaras e latinas inundaron as terras de cultura e progreso. Sen embargo, os homes pagamos ás veces mal as nosas débedas, esquecendo o que debería ser inesquecible dende as meditacións platónicas ata a tenrura de Venus. E practicamos a cegueira histórica como suicida da destrución. Hoxe, o noso mar de Arousa dista moito de ser aquel mar civilizador, bordeado por naves púnicas, atenienses ou do Lacio, e o seu perfil, cada vez máis grotesco, tornouse paupérrimo, torvo e fétido.