Nolo Romero: «O sufrimento ao lado dun amigo une moitísimo»

O ecléctico deportista boirense vén de pechar cun Top-10 o seu paso polo Mundial disputado en Londres


Ribeira / la voz

Compañeiros de profesión que coñecen o seu traballo defenden que Nolo Romero (Boiro, 1980) é unha desas persoas que transpira deporte a cada paso. É por iso que poucos dubidaban do seu papel no Mundial de carreiras de obstáculos celebrado en Londres, onde, acompañado de Brais Otero e Nekane Arroyo, conseguiron un oco entre os dez mellores equipos da categoría elite.

-Como se vive unha proba da magnitude dun Mundial?

-A experiencia sempre é impresionante. É case o máximo ao que podes aspirar no deporte. Foi unha mágoa que non chegase nas miñas mellores condicións. Teño unha tendinosis no rotuliano e non puiden prepararme como me gustaría. Na proba individual, os 15 quilómetros fixéronseme moi longos, sobre todo polo entorno, con moita lama, pozas e incluso ríos. A fatiga muscular foi moi grande. O domingo, nos relevos, a distancia era máis explosiva. Tiven sorte porque o meu equipo é moi bo. Brais Otero é unha das revelacións a nivel nacional e Nekane Arroyo unha das mulleres con maior progresión deste 2019. Conseguín recuperarme e a verdade é que saíunos un relevo case prefecto.

-Como é o adestramento para unha carreira así?

-Levamos competindo probas similares todo o ano, aínda que probablemente nin tan longas nin con tantos obstáculos. Vas participando na liga nacional e na galega e iso axúdache. A nivel persoal, a carreira en si prepároa en Cabo de Cruz. Para a parte máis técnica desprázome a diferentes puntos de Galicia, como pode ser Vigo, onde está a sede do meu equipo, ou ao Ozono, en Boiro.

-E agora que lle queda por diante para este ano?

-O máis importante é recuperarse da lesión o mellor posible. Non vou poder asistir ao campionato nacional por ese motivo. Si acudirei a outra liga, na que só faltan dúas probas e estou loitando polo podio. A última será en Sevilla. Levo todo o ano e estou preto de acadar ese podio nacional. Tentarei aguantar. Unha vez finalizada, tomarei o descanso que o corpo me pide.

-O que está claro é que este deporte crece cada día. Cada vez vese a máis xente pelexando contra os obstáculos.

-Ano tras ano está medrando a participación e o número de carreiras. O ano pasado creouse a liga galega. Xa medrou ata as sete probas e para o ano chegará ás nove. Están en auxe e a min gustaríame, xa o propuxen como edil, traer unha a Barbanza. Son carreiras moi masivas, moi espectaculares.

-A que achaca ese crecemento?

-A xente busca cousas novas, empezaron cas carreiras populares e de aí ao trail. As probas de obstáculos teñen ese esforzo físico que engancha. O sufrimento ao lado dun amigo une moitísimo. Ten algo que engancha, cando vas a primeira vez o único que pensas é en facer outra. Ademais dividen as categorías en elite e populares, polo que podes afrontalas doutra forma. Nas elite si que sufrimos, pero as afeccionadas son moi divertidas polos obstáculos, e ademais tes a opción de ir cun compañeiro que che axude. Sénteste moi realizado ao rematar a proba. Isto é como a vida mesma, na que tamén vas superando obstáculos. Podes superarte a ti mesmo.

-Volvendo á súa faceta como político, bota de menos ser concelleiro de Deportes?

-Agora estou un pouco máis relaxado con respecto á outra etapa, e iso permíteme centrarme máis a nivel profesional no meu traballo, e seguir crecendo nese eido. Antes estaba máis atado polas miñas obrigacións como concelleiro. Pero sigo sendo edil na oposición.

Nolo Romero: El capitán se despide 20 años después

Álvaro Sevilla

El mítico zaguero pone fin a su etapa en el Cabo de Cruz, tradición que le dejó su padre, también jugador del club

Nolo Romero (Boiro, 1980) lleva el escudo del Cabo tatuado en el pecho. Su corazón es verde. En el club de Valiño encontró una segunda casa, una segunda familia. La tradición que lo llevó incluso a presidir la entidad nació con su padre. «Jugó en el equipo poco después de que se creara. Él murió muy joven, tenía 31 años y yo 10. De él heredé ese sentimiento de pertenencia».

No fue hasta juveniles cuando comenzó a defender la casaca verde: «No pude hacerlo antes porque todavía no tenían categorías base. Desde aquel momento solo falté un año, que estuve en el Unión. Quería probarme en una categoría superior». Gracias a su entrega no tardó en hacerse con el brazalete de capitán. El camino terminó esta temporada. Después de 20 años, Il Capitano, deja el club. «No se trata de una cuestión física, creo que esta fue mi mejor temporada», reconoce un Romero ecléctico. Hace un par de años conoció una nueva disciplina, las carreras de obstáculos, que lo llevaron a formar Los Vengadores, con los que ha sido campeón de España.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Nolo Romero: «O sufrimento ao lado dun amigo une moitísimo»