«Santa»


O14 de novembro inauguraremos na Cidade da Cultura a exposición Galicia, un relato no mundo, a primeira das grandes mostras do Xacobeo 21. A mostra, promovida pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura, concibímola como un diálogo de milenios entre esta Galicia e o resto do mundo. Son 350 pezas que dan conta de innumerables historias de intercambio, encontros e oportunidades.

 Eu creo que as exposicións deben combinar pezas ás veces pouco expresivas (e aí os comisarios é onde temos que facer un esforzo por explicalas) e outras que son todo o contrario. Son como un lapote nos ollos, que nos sacoden e nos interrogan. Onte avanzamos unha destas pezas: Santa, a peza máis querida do escultor cambadés Francisco Asorey, unha alfaia que se custodia na Casa de Galicia de Montevideo desde 1951.

A talla de madeira Santa é unha muller labrega, traballadora, cun corpo espido e poderoso, marcado e engurrado polo tempo e os traballos. Lonxe das figuras estilizadas e divinas producidas no modernismo, Asorey representou por primeira vez ás nosas avoas, ás nosas nais. Unha labrega escrava pero erguida, como unha deusa, pero unha divindade do aquén máis que do alén.

A primeira vez que vin a Santa, pensei nas miñas avoas de San Lázaro e Palmeira. E en tantas outras mulleres da comarca do Barbanza, non só labregas, senón traballadoras da conserva ou outros oficios. E volvín ver como, setenta anos despois, a arte valía para revelarnos unha verdade que aínda segue moi ausente.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Santa»