A lectora. Sabela García Castaño

La Voz

BARBANZA

27 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

1. O seu mellor momento para a lectura. As fins de semana, con pouco que facer.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Ler a contraportada e guiarme pola intuición. Tamén as recomendacións de amigos.

3. Que lle achega a lectura? Coñecemento, aprendo moito lendo. Entusiásmame compartir as lecturas.

4. Os seus libros favoritos.

De remate, Rosa cándida, Orgullo e prexuízo.

5. Un xénero literario. A novela. Pero tamén o ensaio.

6. Un personaxe e un espazo literario. Bieito Sanmarful e os Mundos de Aldebarán.

7. Que está a ler agora? O exército de fume, de Manuel Gago; e Sovietistán, de Erika Fatland. Estou en dous clubs de lectura!

8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Héctor Cajaraville e Bill Bryson.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Viaxar, coñecer lugares novos.

10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. Os Chans do Barbanza, sen dúbida.