David Parada: «Agora os erros páganse moi caros»

O técnico do EFM Boiro feminino afronta o seu segundo ano con forzas renovadas para que o equipo siga crecendo


Ribeira / la voz

David Parada (Rianxo, 1983) vén de comezar a súa segunda campaña á fronte do EFM Boiro feminino. O bloque, único en Barbanza que milita na Primeira División Galega, debutou en Vista Alegre cunha derrota pola mínima (1-2) fronte ao Betanzos. No vestiario saben que este ano tocará sufrir, pero que isto permitiralles seguir medrando. «Non cabe dúbida que ante os retos máis complicados é cando amosamos a nosa mellor versión».

-Como foi o partido?

-Foi un encontro con poucas ocasións. As rivais puxéronse por diante cun gol en propia porta e cando empezabamos a dominar cometemos un erro nun despexe e fixeron o 0-2. A partir de aí adiantamos liñas, apertamos máis arriba e, nun rexeite, Melanie fixo o 1-2. No segundo tempo, o dominio foi noso, tivemos dúas ou tres ocasións para empatar, pero non fomos capaces. Faltounos chispa, tanto nos metros finais coma no último pase.

-Que lle pareceu o Betanzos?

-Creo que será un equipo coma nós, que loitará para non baixar. Non vai a pasalo ben, vailles custar un pouco.

-Pagaron os fallos. Nesta liga quen os comete acaba sufrindo.

-Agora os erros páganse moi caros. Tivemos dous e meteron gol en ambas ocasións. Elas defensivamente son un bo equipo, saben o que teñen que facer. Hai que ser prácticos, nesta liga o importante é gañar e ir sumando puntos.

-Cales son os conxuntos a ter en conta esta tempada?

-O Mos, e con diferenza, é o principal candidato á liga. Faláronme moi ben delas, o ano pasado xa fixeron unha tempada moi boa e este ficharon moi ben. Son as máis fortes e xogan ao fútbol que da gusto. O Victoria da Coruña tamén é candidato. É un equipo con experiencia e con moi boa base. Sempre está pelexando polos primeiros postos.

-Leva un só encontro, pero cales son as principais diferenzas entre as divisións?

-Nesta categoría a disputa da bola e a pelexa non son iguais. Hai que ir ao choque, loitar polos balóns divididos. Este ano vai facer moita falla iso, cousa que o pasado non era necesario.

-Adestrou a rapaces e agora tócalle con rapazas. Cambia moito a xestión do vestiario?

-Eu creo que elas se comprometen máis. É máis sinxelo ensinarlles. Collen os conceptos moi rápido. Ademais, para min é máis fácil levalas, aínda que a xente pense o contrario. E iso que as diferenzas de idades son maiores. Aquí xogan rapazas dende os 13 anos ata os que queiran, pero teñen moita gaña de aprender.

-O que está claro é que o fútbol feminino está en auxe.

-Vivimos un cambio moi grande. Antes había dous equipos femininos e xa chegaba, agora calquera club quere ter un de mulleres. Non fai moito era raro ver rapazas nas categorías base xogando con nenos e agora o raro é que non haxa unha por conxunto.

-E que nivel hai en Barbanza?

-Fáltanos bastante para alcanzar a equipos coma o Victoria, o Umia ou a Arousana, pero non hai mal nivel. Cada equipo ten tres ou catro rapazas moi boas. O problema é que chas levan. Ao final elas tamén queren xogar nas categorías máis altas.

-Supoño que algunha das vosas xogadoras tamén tivo chamadas. Por exemplo Melanie, que marcou medio cento de goles.

-Si, tivo chamadas. Pero iso tamén é bo, vese que hai talento. As rapazas quedan aquí porque hai moi bo ambiente no equipo.

EFM Boiro: Ilusión para reivindicarse en Galicia

Álvaro Sevilla

Tras el ascenso en los despachos, las de Vista Alegre buscan hacerse fuertes en la Primera División Gallega

Ilusión. Esa es la palabra que define el sentir de la plantilla del EFM Concello de Boiro para la temporada 2019-2020. Complicado y duro papel el que deberá protagonizar el equipo dirigido por David Parada, que competirá en la Primera División Gallega del fútbol femenino. «Queremos que a liga empece xa», declaran al unísono el técnico y su mano derecha, Eva Regueira, la capitana de un bloque que busca clavar las raíces del deporte rey en el campo de Vista Alegre.

Con una plantilla joven, aunque compensada y con variantes, el reto no es otro que alcanzar la salvación. A pesar de la tradición gracias a equipos como el Aguiño y el propio Boiro, Barbanza se encuentra lejos de otras comarcas gallegas en lo referente al fútbol femenino. El gran problema, la baja captación y la falta de experiencia. «Temos un equipo moi mozo, e moitas rapazas non están acostumadas a competir nesta categoría», confiesa Regueira, que sabe que el arranque del curso «será bastante duro. Temos que adaptarnos, pero creo que conseguiremos o obxectivo que nos propoñemos».

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

David Parada: «Agora os erros páganse moi caros»