O BNG boirense esixe que se cumpra a lei de memoria histórica

Ante a proximidade do Día da Galiza Mártir, solicita a retirada de símbolos da ditadura franquista


Ribeira

O BNG de Boiro vén de presentar unha iniciativa solicitando ao goberno de Boiro que tome medidas para cumprir a lei de memoria histórica. Os nacionalistas recordan que no municipio aínda se poden atopar diversos elementos patrimoniais, coma fontes e lavadoiros, que locen distintivos relativos á dictadura franquista, polo que esixen a súa retirada o antes posible.

O grupo municipal que encabeza Raquel Suárez lembra que durante o pasado mandato reiteraron a solicitude de que se elimine todo vestixio que conmemore a ditadura, o levantamento militar do 36, a Guerra Civil ou a represión, pero a día de hoxe eses elementos «seguen sen ser retirados». Por este motivo, ante a proximidade do Día da Galiza Mártir, no que cada 17 de agosto se rende homenaxe en Boiro a veciños represaliados, demandan unha vez máis que se cumpra o recollido na lei de memoria histórica.

Por outra parte, os nacionalistas tamén solicitan que se manteñan en condicións dignas os monumentos eirixidos no municipio en memoria das vítimas do franquismo, «e se proceda á limpeza das pintadas que existen a día de hoxe na placa de homenaxe situada no porto de Escarabote».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
14 votos
Comentarios

O BNG boirense esixe que se cumpra a lei de memoria histórica