Adolfo Muíños: «O acordo cos socialistas danos máis tranquilidade e tamén estabilidade»

O mandatario rianxeiro insiste na súa intención de pactar con todos os grupos os asuntos de interese para a vila


ribeira / la voz

Os nacionalistas volverán a estar catro anos máis á fronte do Concello de Rianxo. O seu candidato, Adolfo Muíños Sánchez (Santiago, 1966), ten por diante unha nova etapa na que ten postas moitas ilusións. Leva xa dous mandatos as súas costas onde gobernou no primeiro en coalición co PSOE e no segundo en minoría. Agora chegou a un acordo cos socialistas e espera que este sexa máis tranquilo que o anterior.

-Como foron as negociacións co PSOE para formar goberno?

-Foron bastante rápidas e áxiles. Había vontade en sacar adiante un acordo común e buscar o mellor para Rianxo para estes próximos catro anos. Houbo coincidencias no programa e foi fácil chegar a un entendemento.

-Agora con maioría absoluta estará máis tranquilo.

-A verdade e que máis tranquilo en este aspecto si. Agora os temas van ir a pleno máis debatidos, tratados e atados, pois abordarémolos e estudarémolos antes, polo que non haberá eses apuros de ter que negociar cada asunto antes de sometelo a debate co resto das forzas políticas. O acordo cos socialistas danos máis tranquilidade e tamén estabilidade e fortaleza, pois representa unha maioría ampla dos veciños de Rianxo. Este é un escenario moi diferente ao destes catro anos, nos que houbo que chegar a acordos puntuais para sacar cousas adiante. Agora os dous grupos xuntámonos coa idea de que era o mellor. A pesar desta alianza, nós seguiremos contando cos grupos da oposición para chegar a un maior consenso posible polo ben do pobo.

-A súa intención foi acabar o mandato pasado cos presupostos aprobados e non foi posible ¿volverá a intentalo agora?

-A idea é recuperar esa proposta. Imos valorala e poñela ao día pois haberá que facer algún cambio para levala ao pleno. Hai partidas importantes que é necesario sacalas adiante e viría ben poder dispoñer deses fondos para desenrolalas. Temos proxectos aprobados que hai que poñelos en marcha. A nosa intención e levar os orzamentos ao pleno de agosto. Iso si, tamén temos pensado falar coa oposición para que participen na súa elaboración.

-Que buscaba coa alianza co PSOE?

-Principalmente estabilidade e tranquilidade. É o respaldo de dúas forzas políticas para sacar adiante un programa conxunto. Antes non era fácil o traballo con seis persoas e agora temos máis xente para traballar e colaborar.

-Vostede anunciou hai catro anos que sería o último mandato, pero volveu a presentarse. ¿Que pensa agora?

-Atópome con moitas ganas e forzas para continuar ao fronte da alcaldía. Presenteime porque mo pediu a asemblea e agora non vou dicir nada si é o último mandato ou non. Prefiro actuar cando sexa o momento. Quedan uns anos intensos por diante e tamén moi importantes.

«A casa de Castelao ten que ser un proxecto de país»

Adolfo Muíños afronta o seu terceiro mandato cargado de ilusión e coa intención de ver un bo número de proxectos feitos realidade nos que leva traballando arreo moito tempo, tanto el coma os seus compañeiros.

-Como afronta estes próximos catro anos?

-Con moita ilusión e tranquilidade, pois o pacto é positivo. Quedan retos importantes por sacar adiante e impulsar diversas actuacións como é o saneamento, que esperamos estar moi cerca de completalo; a nova depuradora, a fachada marítima e sobre todo, o plan xeral, pois estásenos a demorar máis do previsto.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Adolfo Muíños: «O acordo cos socialistas danos máis tranquilidade e tamén estabilidade»