Xurxo Souto desembarca coa historia de Chiruca Macallás

M. X. B.

BARBANZA

cedida

Luis Valecillo ofrecerá un concerto presentación de Cantamos e Manuel Portas falará de Por puntos, un libro editado por Galaxia

15 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Praza do Concello de Ribeira • De 12.00 a 14.30 e de 18.00 a 21.30 horas • Media ducia de postos de venda de volumes de diferentes xéneros continuarán hoxe instalados na Praza do Concello de Ribeira, onde se segue a desenvolver a quinta Feira do Libro. Entre as actividades programadas para esta xornada figura, ás 12.00, a presentación da nova novela de Xurxo Souto, A gran travesía de Chiruca Macallás, unha historia de mar con mulleres como protagonistas.

Ademais, Luis Valecillo ofrecerá ás 19.00 un concerto presentación de Cantamos, un audiolibro do que despois asinará exemplares. O peche correrá a cargo de Manuel Portas, que falará de Por puntos, un libro editado por Galaxia.