O teu nome sabe a cervexa


Unha visita guiada pola muralla románica do século X en Ragusa Pile, o casco vello de Dubrovnik, coñecida coma a costa da calma antes da guerra dos Balcáns (ex-Iugoslavia 1991-2001). Nun día caloroso de setembro en Croacia, o sol reflectido nos muros patrimonio da humanidade e na auga do mar, patrimonio natural. Húmido, perfecto para suar historia antiga, recente e capítulos de acción-ficción. A fermosa cidade amurallada está completamente rehabilitada, sen cicatrices do horror armado.

O grupo organizado para percorrer as localizacións da hiperfamosa serie británica Xogo de tronos estaba composto por dous australianos, dous italianos, e unha galega. Impar e pasa. Guiábanos Ivo-Ti, o perfecto estereotipo Mediterráneo. Ollos profundos e negros, pel olivácea, pelo e barba acibeche. Voz agradable e sorriso furtivo. Perfecto inglés. Fora elixido como actor de reparto para a serie.

Logo da interesante excursión un sorriso, un apertón de mans, un número telefónico entre elas, e un ata sempre. É a hora xusta para sentar á sombra nunha socorrida terraza.

«Bok. A pivo hvala ti. It’s 35 kuna please. Here you are. Molin, molin». A cervexa croata estaba fría, saborosa e perfecta contra a calor da antiga Dalmacia.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O teu nome sabe a cervexa