O lector: Luís Antonio Moreira Martínez

La Voz

BARBANZA

31 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

1. O seu mellor momento para a lectura. Nos días laborais, á noite; e as fins de semana, á tarde ou pola noite.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Recomendacións de amigos/as, crítica literaria, e que o autor responda aos meus gustos literarios.

3. Que lle achega a lectura? Evasión e reflexión.

4. Os seus libros favoritos. El ruído y la furia, de W. Faulkner; Años inolvidables, de Dos Pasos; Rastro de carmín. Una historia secreta del siglo XX, de G. Marcus; La trilogía de Nueva York, de P. Auster; Moby Dick, de H. Melville; Últimas tardes con Teresa, de J. Marsé...

5. Un xénero literario. A novela, e dentro desta, a novela norteamericana. E o relato curto.

6. Un personaxe e un espazo literario. Lázaro Averbuch, protagonista da novela El proyecto Lázaro, de A. Hemon. E «a estrada» e todo o que esta implica.

7. Que está a ler agora?

14 de julio, de Eric Vuillard.

8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Manuel Antonio e Vila-Matas.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? A música.

10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. As praias solitarias ao amencer ou á noitiña.