Manuel Teira inaugurou a mostra «Pictodiarios»

A.L.

BARBANZA

MARCOS CREO

A exposición reúne un total de 13 cadros de distinto formato

21 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hasta finais do mes de xuño • Bar Amanitas de A Pobra • Baixo o título Pictodiarios, o artista pobrense Manuel Teira acaba de inaugurar unha nova exposición de pintura que poderá visitarse durante as próximas semanas no local hostaleiro do casco urbano pobrense. Segundo explicou o creador, esta mostra é unha especie de diario no que vai recollendo o que sucede día a día.

«Vou plasmando todo iso en textos que na súa parte estética convértense en pintura. É como falar en voz alta de problemas que ocorren entre nós, falo dos emigrantes, das letras galegas ou fago unha denuncia do que lle estamos facendo o mar», apuntou Manuel Teira.

O artista tamén explicou que a exposición está formada por cadros de distinto tamaño e que esta é a primeira parte dunha serie que espera que sexa moito máis ampla. De feito, nestes momentos só hai colgados no bar Amanitas 13 obras, que destacan polos seus trazos e polo seu colorido. «A colección está mediada, porque o obxectivo é que teña entre 35 e 40 pezas», dixo.