Música para contos clásicos na Pobra

A.L.

BARBANZA

cedida

Alumnos do Salustiano Rey recibirán un exemplar do libro «Os Fantom»

21 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 12.00 horas • Colexio Salustiano Rey Eiras de A Pobra • Entrada libre • O Concello da Pobra continúa coa súa programación polo Día das Letras Galegas, que hoxe levará ao colexio de Bandaseca. Alí se presentará o espectáculo Cantamos un conto? Coa banda, un concerto onde tres músicos reconverten contos clásicos en divertidas cancións cun aire de rock e blues. Nesta ocasión, os relatos sobre os que xira a montaxe serán Xan sen medo, Os tres porquiños e O gato Kirico. Ademais, os nenos recibirán un exemplar do libro Os Fantom, de Patricia Mallo, gañador do premio Carlos Mosteiro.